lunes, noviembre 18, 2013

Santiso 0 - Touro 2

Cedeu o Santiso os tres primeiros puntos no Novo Zahorra nesta campaña. O Touro venceu por dous goles a cero nun encontro no que a falta de acerto fronte a portería condenou ós locais á derrota.
 
A formación inicial do equipo foi composta por Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, con David, Boimorto, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo arriba. O choque contaría tamén coa participación de Iván Mourazos, Javi, José Trebolo, Luis e Nacho en sustitución de David, Iván, Kike, Boimorto e Bruno.
 
Como se presumía, o Touro puxo dende o principio as cousas difíciles para os locais e levou o peso do partido inda que sin crear ocasións claras de gol. Éstas chegaron polo bando local, Alex e Manolo por partida doble dispuxeron das máis claras; o de Mourazos atopouse na primeira oportunidade co gardamaias visitante e na segunda xa moi forzado intentou asistir a Manolo evitando o remate un defensa do Touro na liña de gol; en canto ó de Vilar, tamén se atopou co arqueiro visitante na primeira ocasión e na segunda, o seu remate de cabeza foise fóra a rentes do pau da portería rival. Cando remataban quince minutos para o final do primeiro acto, produciuse a expulsión de Charli o que supuxo que o equipo quedase con un xogador menos na primeira media hora do partido por segundo partido consecutivo.
 
Tras o descanso, as oportunidades repartironse e os visitantes contaron con alguna ocasión clara ata que conseguiron adiantarse no marcador mediada a segunda parte. Puido chegar o empate pouco despois nun remate de Manolo pero de novo o porteiro visitante evitou o tanto. José Trebolo cun disparo dende fóra da área tamén puido acadar a igulada para o Santiso pero finalmente o seu remate foise fóra. Na seguinte xogada chegou o mazazo final nunha contra que o Touro aprobeitou para sentenciar o choque.
 
Na próxima xornada, o equipo visitará Dozón, agardemos regresar cos tres puntos e rematar coa mala xeira de resultados que leva o Santiso neste mes de Novembro.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

1 comentario:

  1. moi ben dani ben comentado e ben xogado!!a pesar de estar con 10 o equipo plantoulle cara o touro con mais ocasións que os contrarios penso eu,pero no poidemos acadar a vitoria,pa semana ai k dalo todo e TRAER os 3 PUNTOS COMO SEAA...1 saudo FORZAAA SANTISOOO!!! Rober

    ResponderEliminar