lunes, diciembre 23, 2013

Santiso 4 - Atlético Melide 3

Espectacular encontro o disputado o pasado domingo no Novo Zahorra entre o Santiso e o Atlético Melide. O partido respondeu as expectativas que se lle presupón a un derbi cunha gran afluiencia de público, moita emoción, alternativas no marcador, tensión e nervios. Finalmente a balanza inclinouse a prol dos locais cunha victoria pola mínima por catro goles a tres.
 
Polo equipo xogaron Charli na porta, Agus, Dani, José e Kike en defensa, David, Borja, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo período tamén participaron Boimorto, Luis, Javi, Nacho e Bruno en sustitución de Borja, Iván, David, Agus e Manolo respectivamente.
 
O choque non puido empezar peor para o Santiso xa que nada máis comezar o encontro os visitantes conseguiron poñerse con dous goles de ventaxa logo de executar unha falta e de finalizar con acerto unha contra. Afortunadamente o equipo conseguiu reducir rápidamente a diferencia no marcador por mediación de Manolo que executou á perfección un man a man frónte o gardameta do atlético. Tras uns primeiros minutos electrizantes o partido tranquilizouse un pouco pero o Santiso non desistiu do intento de acadar o empate. Kike tivo unha boa opción tras un remate de falta pero o gol da igualada chegaría por mediación de Iván que cruzou con acerto o esférico á rede logo dunha boa asistencia de Manolo. Antes do descanso os locais dispuxeron da oportunidade de darlle a volta ó resultado por completo cun gran testarazo de Manolo que se foi fóra por moi pouco.
 
Na reanudación, os locais pronto recibiron outro duro golpe ó anotar os de Melide o terceiro tanto por mediación do seu dianteiro centro. Tocaba remar en contra de novo e o Santiso intentouno arroupado por unha afición que foi sin dúbida o xogador número doce apoiando en todo momento ó equipo. O premio da igualada chegou tras unha internada de Alex pola banda esquerda na que centrou á área pequena e un defensa visitante introduceu o balón na súa propia portería. Nun emocionante final de partido, o Santiso acadou o ansiado gol do triunfo tras un remate de Boimorto que o porteiro visitante non foi quen de atallar. Pero a pesar de poñerse por fin por diante no marcador, a tranquilidade non chegaría para a parroquia local, xa que os visitantes dispuxeron dunha gran oportunidade para igualar de novo o marcador cun remate ó poste tras unha falta lateral pero Charli faríase finalmente coa pelota. Co pitido final desbordouse a ledicia entre afición e xogadores do Santiso logo dun partido que tardaremos en esquecer.
 
Despois do parón de navideño o Santiso voltará a xogar no Novo Zahorra fronte ó Camporrapado, será xa en 2014, o vindeiro día 12 de xaneiro. Agardemos agasaiar á nosa gran afición cun novo triunfo.
 
Un saúdo e Bo Nadal!!    

2 comentarios:

  1. Tiaaaaaaaa. Fedelliño ti tiñas que ser periodista ea virgen e o teu!!!!!!!. Haber si empezamos o ano como acabamos un saludo e aupa santiso.ah e feliz navida a todos. Cr6

    ResponderEliminar
  2. moi boa cronica dani ai que ter cuidado porque te van fichar po marca ou po as jej,victoria moi importante debido a ke era o derbi e seguro k ns sirve pa enkarar os proximos partids kon moita moral,darlle as GRACIAS A AFECION XK ESTIVO DE 10 GRACIAS ASI TODO E + FACIL ESPERO K NOS SIGADES AKOMPAÑANDO KOM FIXESTES O DOMINGO...pasar unhas boas navidades e a empezar o ano kn outra victoria 1 saudo e aupa santiso.Alex

    ResponderEliminar