lunes, enero 13, 2014

Santiso 2 - Camporrapado 1

O ano 2014 recibeu ó Santiso con tres puntos cunha victoria pola mínima fronte a un Camporrapado que a pesar de estar na zona baixa da clasificación, vendeu cara a derrota. Os locais tiveron que remontar na segunda metade o gol inicial dos visitantes que demostraron que nesta liga todo está moi igualado.
 
No bando local, o once inicial formouno Charli na porta, Agustín, Borja, José e Trebolo en defensa, Roberto, Fer, Boimorto e Alex no medio, Iván no enganche e Manolo na punta de ataque. Na segunda metade, Luis, Carlos, Bruno, Nacho e Iván Mourazos (que actuou de xogador de campo e non de gardameta tras a lesión de Alex) sustituiron a Boimorto (que se retirou cun golpe no pe), Rober, Trebolo, Iván e Alex respectivamente. 
 
Os visitantes sairon mellor plantados no campo ante un Santiso espeso en ataque e demasiado nervioso. Mediado o primeiro período o Camporrapado conseguía adiantarse no marcador gracias a cun centro que se foi envenenando ata golpear no poste e introducirse na porta de Charli. Espoleados polo gol en contra, o equipo comezou a ameazar a portería contraria e dispuxo de varias ocasións de acadar a igualada. Alex tivo o empate por partida doble, primeiro nun remate que se foi fóra por moi pouco e despois noutro disparo despois dunha asistencia de Manolo. Posteriormente o propio Alex centrou dende a banda esquerda un esférico que se paseou pola área pequena e ninguén foi capad de rematar.
 
Tras a reanudación o Santiso buscou todavía con máis empeño o arco visitante e o gol estivo a piques de chegar tras unha magnifica xogada colectiva na que Manolo tras un bo control a pase de Alex viu como o porteiro do Camporrapado desviaba o seu remate. Finalmente, a recompensa chegaría noutro centro dende a esquerda de Alex que remataba Manolo e tras o rexeite da defensa, Rober conseguía introducir o esférico no fondo das redes. Cando apenas faltaban quince minutos para o final, a fortuna sorriu por unha vez ó equipo xa que conseguía anotar o tanto da victoria na xogada seguinte a unha clara ocasión dos visitantes. O autor do gol foi Luis que aprobeitou o remate inicial de Carlos para poñer por primeira vez por diante ó equipo no marcador. De ahí ó final, moito sufrimento na parroquia local xa que os visitantes buscaron o gol do empate con balóns colgados á área do Santiso pero afortunadamente non houbo máis variacións no resultado.
 
O vindeiro choque do equipo será a domicilio en Touro fronte ó Prevediños, agardemos voltar da viaxe cos tres puntos no peto.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

6 comentarios:

  1. Brabo fedelliño. A seguir asi chavales . Cr6

    ResponderEliminar
  2. hola señores debido o descanso do noso equipo o outro dia acerqueime a ver o santiso un dos proximos rivales,solo escribo pa facer unha sugerencia do que escoitei na grada que o numero 7 estaba baixo,preguntome eu se esta baixo cando todo o peligro chegou polo seu lado pa min un rapaz que ai que ter en conta po futuro porque aparenta mui novo.espero que este comentario non cause polemica.suerte o santiso

    ResponderEliminar
  3. moi boa crónica central!!ai que seguir asi no foi un partido moi bon pero weno o equipo deuno todo e conseguironse asi os 3puntiños...ai que seguir asi partido a partido!!jej 1 saudo e FORZAA SANTISOOOO!!! Rober

    ResponderEliminar
  4. Bo traballo Dani! Esta vez dende a bancada aínda puideche apreciar mellor o que ocorreu no campo... pero esperemos que te recuperes pronto. En canto ó seguinte partido contra o Prevediños, de seguro que vai ser tanto ou máis compricado ca este. Xa que pese a posición na clasificación, os de Touro xogan na casa e nós tampouco é que andemos moi finos. ;)
    Un saúdo e FORZA SANTISO!

    ResponderEliminar
  5. Xa me esquecía! Dende aquí quixera mandarlle a noraboa ó "eterno capi", e tamén creador deste blog, pola sua recente paternidade.
    Agardamos verte pronto por estes lares ensinándolle o oficio ó cativo!!

    ResponderEliminar
  6. Gracias Agus!. En canto me deixe o cativo volvo polo novo Zahorra dar unhas patadas, e tamén animarvos os domingos. Mentres tanto, a polo Prevediños

    ResponderEliminar