lunes, abril 07, 2014

Camporrapado 0 - Santiso 4

Victoria contundente a acadada polo Santiso na súa visita a Camporrapado por catro goles a cero. O equipo dominou por completo o partido e reflexouse no resultado final.
 
Polos visitantes actuaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Alex en defensa, Carlos, Luis, Fer e Iván no medio con Nacho e Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron Javi, Roberto, Trebolo, Boimorto e Iván Mourazos en sustitución de Iván, Carlos, Alex, Manolo e Charli respectivamente.
 
Pronto se puxeron as cousas de cara para o equipo cando Nacho foi quen de inaugurar o marcador logo dunha gran xogada individual. Minutos despois, o de Pezobre realizou unha boa internada pola banda e cedeu o balón a Manolo pero o remate deste último estrelouse no longueiro. Co partido aparentemente controlado, Charli tamén apareceu en escena realizando unha magnífica interveción a un remate dentro da área que ben puido significar o empate. Foi a ocasión máis clara para os locais que pronto se viñeron abaixo ó acadar Manolo pouco despois, un deses goles que fai xustiza ó traballo que fai tódolos partidos o de Vilar; o gardameta local presionado por Manolo despexou o esférico que golpeou no ariete do Santiso e paseniñamente foise introducindo nas redes. Cando o primeiro tempo estaba a piques de rematar, os visitantes acadaron o terceiro gol por mediación de Fer nunha xogada ensaiada dende o curruncho.
 
Na reanudación, co rival casi entregado, o Santiso redondeou o triunfo noutra internada de Nacho pola banda que cedeu a Carlos para que acadara o cuarto tanto para o equipo. Roberto nos minutos finais dispuxo da oportunidade de conseguir o quinto nun man a man pero o seu remate foise fóra por pouco.
 
O vindeiro choque do Santiso será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Prevediños, será o derradeiro partido na casa do equipo na presente campaña.
 
Un saúdo e forza Santiso!!    

No hay comentarios:

Publicar un comentario