lunes, octubre 21, 2013

Bandeira 0 - Santiso 1

(O equipo celebra o gol do triunfo)
 
O Santiso acadou os tres primeiros puntos da temporada logo de vencer por cero goles a un ó Bandeira nun partido disputado finalmente en Silleda. Triunfo moi importante ante un equipo sempre correoso e difícil de vencer.
 
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Rober, Borja, José e Kike en defensa, Carlos (que sustitueu no último momento a Luis que sinteu unhas molestias no quencemento), Fer, Iván e Alex no medio, David na media punta e Nacho na dianteira. Na segunda metade dispuxeron de minutos Manolo, Javi e Bruno en sustitución de David, Carlos e Iván respectivamente.
 
O choque apenas contou con achegamentos á portería por parte dos dous equipos nos primeiros corenta e cinco minutos, moito centrocampismo e pouco xogo combinativo. Na segunda metade os ataques animaronse algo máis e as defensas tiveron máis traballo. Charli tivo que empregarse a fondo para desviar un remate de falta o que supuxo a oportunidade maís clara polo bando local. En canto ó Santiso, colleu máis presencia na área rival cando quedou con dous dianteiros e entrou ben por bandas destacando unha boa xogada de Rober logo dunha gran asistencia de Iván. Pero o gol chegou a falta de cinco minutos para o final e despois dunha xogada na que a defensa local só puido deter a Manolo cometendo falta dentro da área. A correspondente pena máxima foi anotada maxistralmente por Alex acadando o único gol do partido. Nos minutos finais do choque o Bandeira colgou balóns desesperadamente pero o resultado non sufriría máis variacións.
 
Victoria que debe dar moral para o estreno desta liga no Novo Zahorra, será o vindeiro domingo ás 4.30 da tarde.
 
Un saúdo e forza Santiso.

4 comentarios:

  1. Moi beeeeeen daniel!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moy ben dani. Haber se se sigue asi!!!!! Un saludo e forza santiso. Cr6

    ResponderEliminar
  3. moi boa crónica DANI, coma sempre!!!este ano parece k empezamos ben, a pesar de que o nerviosismo estivo presente nos xogadores da U.D por ser o primeiro partido e querer ganalo.TEMOS que seguir asi GANAAAR E GANAAR!!!1 saudo e FORZAAAAA SANTISOOO!!!!!!!Rober

    ResponderEliminar
  4. por fin tenos a suerte de cara pese as poucas ocasios que se tiveron ganouse o partido esto e o que nos faltaba os outros anos.Creo que ides facer una gran campaña e amino que o sogo colectivo de equipo vai mellorar segun pasen os partido.1 saudo e FORZAAAAA SANTISOOO!! Ramón

    ResponderEliminar